Sunday 19 de May de 2024

Máis de medio cento de veciños e veciñas participaron nas V Xornadas Micolóxicas do Concello de Oroso


Algo máis de cincuenta veciños e veciñas participaron esta fin de semana na quinta edición das Xornadas Micolóxicas, organizadas polo Concello de Oroso. Tras unha breve introdución teórica á micoloxía no centro cultural de Sigüeiro a cargo de Martín Souto, biólogo da Universidade de Santiago de Compostela, os participantes realizaron unha saída a un monte da contorna para recoller cogomelos. Unha saída na que estiveron acompañados por voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Oroso, así como polos concelleiros de Cultura, Luís Rey, e Ensino, Beatriz Rodeiro.

A diferenza de anos anteriores, o tempo acompañou durante o tempo que estiveron apañando cogomelos, que pola tarde identificaron no centro cultural poñendo así en práctica os coñecementos adquiridos durante a charla teórica. Horas antes, a expedición trasladouse ata o Restaurante Mariñaos, onde participou nun xantar-degustación composto principalmente por cogomelos.